febreiro 24th, 2007
Voute retratar. Quédate quieta. A ver se desta vez o consigo.
Ese brilo nos teus ollos fai que cada célula do meu corpo, tropece ca do lado, levándome ao terremoto corporal. Así de sinxelo, un aviso das túas meniñas, riba das faces sonrosadas, son coma o faro que me guían por este mar, evintando o naufraxio.
Entón a luz apágase... ei ei, que fas?! dixen que non te moveras! Vale, vale, non pasa nada, a ver se te retrato outro día... si, a vela queda mellor....
Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
febreiro 22nd, 2007
Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
febreiro 21st, 2007
¿Esto é realidade? Non sei, semella un soño: estou nun prado, coroado de crisantemos; tal que o recendo que producen, empápase en min, mesmo coma un coador ó atravesarme a brisa. É de verdade un intre fermoso.
Algo cae do ceo. Branco. É un paxaro, xa sei, unha pomba, que con suavidade aterra o meu carón. Non me veu; agora estou no certo, que mágoa que sexa un soño... supoño que esto non sería deserción. Está tan preto de min que sinto como as patiñas rozan as herbas, o seu pausado respirar e... ¿Será verdade? ¡Os seus latexos! Un calafrío percorreume todo o corpo, case doe.
¿E agora que vexo? ¿Un home? ¡Sí! ¿Que fai? ¡Non pode ser!
Un estrondo e un berro meu atravesaron o aire, a vez que o dedo decidido, premeu no disparador. O vil metal profanou a pequena beleza.
¡Espertei! Non era soño ¡Era pesadelo! Limpo a suor, e aínda dubido da realidade, pois a xanela está aberta e unha ramiña de oliva xace sobre as sabas.
De novo todo se funde en negro, e logo distingo unha realidade gris. Sinto un alento. A alguén lle costa respirar. ¡Non! ¡Son eu! Esto é real, e sinto dor, o inimigo estanos atacando e alguén berra con loucura:
- ¡Retirada! ¡Retirada! ¡Bombardéannos!
Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
febreiro 21st, 2007
Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
febreiro 20th, 2007
Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
febreiro 20th, 2007

É verdade que a terra ten memoria. Galicia ten corpo de granito, e retrata as súas emocións nesa pedra. Non só nas formas, tamén nos sentires.
Algunhas noites son especiais. Refírome a aquelas, cando saes de paseo e camiñas en total soidade. A realidade desdóbrase, abrindo unha delgada liña entre o noso andar e as pegadas dun submundo; as pisadas semella que fan eco no averno; porque os sons, son coma pegadas dun espacio inexistente. Pero non todo esvaece, quedan reminiscencias que impregnan algunhas formas, en aquelas moi antigas. As persoas, abrindo a súa sensibilidade, distinguirían esas impresións coma ánimas enchoupando as formas pétreas.
Mensaxes que burbullan e atrapo a tropel. Queixumes que me din que alguén sufriu noutros tempos, que traballaron toda a vida nunha longa loita de contrarios; laios nos séculos escuros por represións constantes e palabras non ditas, que queiman no peito e fan un nó na gorxa.
Tamén escoito o ronco fol nunha procesión de aturuxos e meigallos arredor de min. Quixera levantar unha man e calmar os berros, limpar esas bagoas que adoecen por saír e deter esta loucura de dor.
Agora o entendo, no é derrotismo, é un clamor. A terra quere ser escoitada, comprendida e amada.

Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »