¿Esto é realidade? Non sei, semella un soño: estou nun prado, coroado de crisantemos; tal que o recendo que producen, empápase en min, mesmo coma un coador ó atravesarme a brisa. É de verdade un intre fermoso.
Algo cae do ceo. Branco. É un paxaro, xa sei, unha pomba, que con suavidade aterra o meu carón. Non me veu; agora estou no certo, que mágoa que sexa un soño... supoño que esto non sería deserción. Está tan preto de min que sinto como as patiñas rozan as herbas, o seu pausado respirar e... ¿Será verdade? ¡Os seus latexos! Un calafrío percorreume todo o corpo, case doe.
¿E agora que vexo? ¿Un home? ¡Sí! ¿Que fai? ¡Non pode ser!
Un estrondo e un berro meu atravesaron o aire, a vez que o dedo decidido, premeu no disparador. O vil metal profanou a pequena beleza.
¡Espertei! Non era soño ¡Era pesadelo! Limpo a suor, e aínda dubido da realidade, pois a xanela está aberta e unha ramiña de oliva xace sobre as sabas.
De novo todo se funde en negro, e logo distingo unha realidade gris. Sinto un alento. A alguén lle costa respirar. ¡Non! ¡Son eu! Esto é real, e sinto dor, o inimigo estanos atacando e alguén berra con loucura:
- ¡Retirada! ¡Retirada! ¡Bombardéannos!