Ánimas enchoupando as formas pétreas

É verdade que a terra ten memoria. Galicia ten corpo de granito, e retrata as súas emocións nesa pedra. Non só nas formas, tamén nos sentires.

Algunhas noites son especiais. Refírome a aquelas, cando saes de paseo e camiñas en total soidade. A realidade desdóbrase, abrindo unha delgada liña entre o noso andar e as pegadas dun submundo; as pisadas semella que fan eco no averno; porque os sons, son coma pegadas dun espacio inexistente. Pero non todo esvaece, quedan reminiscencias que impregnan algunhas formas, en aquelas moi antigas. As persoas, abrindo a súa sensibilidade, distinguirían esas impresións coma ánimas enchoupando as formas pétreas.

Mensaxes que burbullan e atrapo a tropel. Queixumes que me din que alguén sufriu noutros tempos, que traballaron toda a vida nunha longa loita de contrarios; laios nos séculos escuros por represións constantes e palabras non ditas, que queiman no peito e fan un nó na gorxa.

Tamén escoito o ronco fol nunha procesión de aturuxos e meigallos arredor de min. Quixera levantar unha man e calmar os berros, limpar esas bagoas que adoecen por saír e deter esta loucura de dor.

Agora o entendo, no é derrotismo, é un clamor. A terra quere ser escoitada, comprendida e amada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

About the Author

James Stephens is the Computer Manager for the School Of Natural Sciences at the Institute For Advanced Study. His particular work interest is in computer security related topics. He can be contacted at jns@ias.edu.

Deixa unha resposta


Saber máis

Entradas relacionadas: Sen clasificar , ¡Non te movas! , Mirada bos días , ¡PAZ! , Traducíndote , Nin che vai, nin che ven , Ánimas enchoupando as formas pétreas