Nin che vai, nin che ven

Non, non lle des voltas. Por que segues pensando no mesmo aínda que non resolvas nada. Deixa o tema, que xa vai tocando.
...
E agora que fas. Disimulas mirando para outro lado, pero en realidade cabilas no mesmo. O run-run semella un aguillón para os pensamentos, e o veleno se extende aínda máis ao evitar o causante.
Ponte a facer aquelo que querías facer e deixa de ler cousas que nin che van, nin che ven. Cando teñas a cabeza valeira de ruxe-ruxe, se cadra poderás valorar mellor o seu contido.
...
Eu aviseite...
chúzame -